Aproveitando as festas de nadal o CGAC convidoume a realizar un taller de creación e arquitectura con cativos de 7 a 10 anos. Debíamos tratar o tema de rehabilitar «ruinas modernas» e «edificios industriais». O que segue é parte da memoria xustificativa:

Faremos unha sinxela analoxía, recoñecemos como ruinas edificadas electrodomésticos vellos, xa sen uso, do século pasado. Televisores, unidades centrales de ordenador, monitores, radios…todas serán estructuras espaciais onde os cativos terán que traballar. O primeiro paso será desmontar as pezas principais, o segundo recoñecer o espacio resultante, o terceiro pensar en posibles usos e finalmente acometer a realización dunha maqueta. Os electrodomésticos se entenderán como contedores, coa posibilidade de respetalos tal cual ou de modificalos (abrindo ocos por exemplo) e no seu interior se farán intervencións con materiales sinxelos de traballar, cartón, cartulina, papel de cor, plástico, papel de aluminio…

Este é o resultado.