O movemento 15-M da Coruña celebrou onte o primeiro mes de acampada na praza 15 de Maio con numerosas actividades que comenzaron ás 10 da mañá e se prolongaron ata a medianoite.
Un dos actos centrais foi a asemblea temática sobre urbanismo e especulación inmobiliaria na que participaron o profesor e arquitecto Xosé Allegue e o voceiro de Ergosfera (Asociación Universitaria de Estudantes de Arquitectura) Iago Carro. Ámbolos dous insistiron na necesidade de recuperar a participación da cidadanía nas decisións sobre o desenvolvemento urbano de maneira que as políticas de urbanismo non fiquen “capturadas” polos intereses finacieiros.

(Suscribo totalmente as verbas de Iago neste vídeo.)