Hoxe as 20:00 na sede do IEM (Avda dá Feira Nº 10, Baixo – Gondomar) inaugurase a exposición Pre arquitecturas pescudas e achados de Antonio Soliño Troncoso.  En palabras dos responsables do IEM:

“Nesta exposición o arquitecto amosa unha pequena selección de traballos proxectados para construír arquitecturas de pequena escala, que non sempre cristalizaron. Máis ben, poucas veces. Acompáñanlles algúns cadernos de viaxe, nesta ocasión só da península ibérica; algunhas maquetas conceptuais da serie “Territorios”, dun marcado carácter obxetual, nas que o título non é parte menor da obra; e unhas poucas pezas de mobiliario, entendido e deseñado como elemento complementario da arquitectura.Todo iso pretende falar das súas reflexións, intereses, influencias, afinidades, dúbidas… dos seus límites. E interrogarte acerca dos teus.

Non a podemos perder!