No Marco acaba de rematar a expo “Cousas que so un artista pode facer”. Recomendabilísimo exemplo de arte-experiencia mexturado con grandes doses de humor. Un dos artista que se levou o “gato a auga” foi Julien Berthier. Na mostra atopábase o seu balcón-grua, fantántista superposición dun balcón Haussmaniano sobre diversas obras de arquitectura construida.

Afondando na súa obra atópanse varios exemplos dignos de mención como este Naufraxio seguro, titulado Love Love.

Ou esta “dignificación” dun posto de traballo, elevando unha palmera exótica ata a altura dunha fiestra, titúlase “Le Paradoxe de Robinson”

Non son capaz de abarcar unha crónica de toda a mostra pero non me quero esquecer da “contraperegrinación” do italiano Piero Golia a través do Adriático ou a “invasión militar teledirixida” de Xu Zhen. En fin, un artista e unha mostra que nos fixo sonrir, algo de agradecer. Agora temos na planta baixa a Candida Höfer con xoias como esta:

También tienen expuestas varias fotografías de la embajada holandesa en Berlín de Koolhas o de la Kunsthalle de Bregenz de Peter Zumthor. Muy recomendable.