Ya he entregado el artículo para Kalaikia, debido al formato y maquetación del suplemento cultural donde va insertado he tenido que reducirlo a menos de 3000 caracteres. Dejo aquí el artículo completo por si os puede interesar:

Unha fiestra á nova arquitectura galega

edificiocruzrojaramonvieitezbajacal

Hoxe en día tentar establecerse como arquitecto, tal e como está o panorama no sector da construcción, parece unha loucura. Se a isto lle sumamos o sobredimensionamento do número de técnicos na sociedade galega actual e a dificultade de competir cos estudos xa establecidos, a tarefa parece imposible.

¿Cómo seguen aparecendo novas firmas? As claves son múltiples: por unha parte se xeneraliza o uso das novas tecnoloxías agrupadas en dous ámbitos, o das ferramentas de debuxo e deseño e o das que permiten a difusión do traballo no entorno virtual; por outra banda está a capacidade de colaboración e asociacionismo -na unión está a forza-, e por último a multiplicidade de facetas que os xoves arquitectos están abarcando e que sobrepasan os límites tradicionais da profesión. A todas estas novas estratexias hai que sumar a tradicional forma de darse a coñecer a través dos concursos de arquitectura, como aquel mítico do Centro Pompidou que nos anos setenta deu a coñecer a Richard Rogers e Renzo Piano, e que segue a ser un dos xeitos máis interesantes para situarse no sector.

Vexamos a continuación cada unha destas claves:

Uso das novas tecnoloxías. A mediados dos anos noventa comeza a expansión masiva do uso do ordenador nos estudos de arquitectura e, con el, chegan as novas ferramentas de debuxo e deseño. As vantaxes do Autocad (desenrolado por Autodesk) con respecto á delineación tradicional eran tantas que este medio pasou a sustituir o taboleiro de debuxo. Tras sucesivos anos mellorando a delineación en dúas dimensións e chegando a resultados realmente satisfactorios, o cambio de século se caracteriza polo comezo da representación en tres dimensións co Autocad e co 3DStudio. Hoxe en día a evolución segue cos medios de representación fotorrealísticos como o popular google Sketchup, que mixturado co Photoshop permite chegar a resultados finais realmente creibles. Así, os proxectos que se presentan na actualidade sempre van acompañados deste tipo de imaxes e incluso os xoves estudos comezan a manexar con certa habilidade os vídeos virtuais cos que seducen ós seus clientes, ofrecéndolles percorridos pola futura construcción sen necesidade de que esta estea materializada.  Como exemplo déixovos o enlace ó blog do estudo enzimas, creado este ano pola xove arquitecta Iria Rivas Ferreira e o estudante de fin de carreira Alberto Cebral: http://enzimasblog.wordpress.com

Difusión no entorno virtual. Os estudos de arquitectura tradicionais deron as costas a publicidade e a difusión do seu traballo fora dos ámbitos especializados. Esta actitude alonxou os pensamentos dos profesionais da  xente, erro que aínda lamentamos os que creemos que esta é unha profesión social, e que provocou parte da crise da arquitectura máis innovadora, véndose esta como un capricho dalgúns iluminados. As novas xeracións sen embargo están tratando de subsanar esta altanería coa difusión dos seus pensamentos e obra en blogs, páxinas webs ou redes sociais, conseguindo así un triple obxetivo: darse a coñecer como profesionais mostrando a súa obra cun custo de difusión que tende a gratuidade, coñecer as actuacións de outros colegas, e estar continuamente actualizándose cos contidos que xurden deste intercambio de coñecemento. Como exemplo o myspace de Joaquín Gutiérrez, http://www.myspace.com/jgutierrezarq arquitecto de A Coruña e aproveitando a ocasión a miña propia páxina web http://www.ramonvieitezrodriguez.com

Asociacionismo e colaboración. Nunca antes tantos arquitectos deciden asociarse para comezar a súa actividade profesional. Se tradicionalmente cada un tiña o seu taller, hoxe son moitos máis os que deciden formar grupos de traballo chamados  “obradoiros”, “asociacións” ou “colectivos”, formados por varios profesionais as veces de titulacións distintas, que afrontan os comezos arroupándose uns a outros nestes organismos complexos que son capaces de responder a diversas solicitacións e encargos con axilidade. Como exemplo a web da asociación Ergosfera http://www.ergosfera.org ou a de cdg arquitectos http://www.cdgarquitectos.com

Multiplicidade de facetas profesionais. Outra das vías para conseguir traballo é saírse das marxes tradicionais reservadas ós arquitectos. Na sociedadade actual demándanse cada vez máis elementos de deseño, físico ou dixital e moitos son os estudos de arquitectura que exploran estes ámbitos, ocupando un espazo aínda valeiro e cunha grande penetración no mercado. Deseño industrial, de móbeis, web, gráfico, de eventos, desenrolo de tarefas educativas ou pedagóxicas…son parte desas “outras” materias que están axudando a que moitos xoves comecen o desenrolo da súa actividade coa vantaxe de que a competencia é menor que nas tarefas relacionadas coa construcción tradicional. Así destaco o mobiliario urbano “Saxo” do xove estudo Onarquitectos http://www.onarquitectos.com ou os traballos de deseño gráfico de Desescribir http://www.desescribir.com.

Concursos. Os concursos seguen a ser unha das formas máis exitosas de darse a coñecer no mundo da arquitectura. Nos últimos anos a proliferación deste tipo de eventos deu lugar a unha cantidade inxente de premios que están a disposición de todo o que queira presentarse. Existen moitos tipos de convocatorias, dende os que son acotados para arquitectos xoves ata os concursos de nivel internacional abertos a participantes de todo o mundo. Calquera das categorías sirve para dar a coñecer ós estudos que, en igualdade de condicións, presenten as mellores propostas nas súas respectivas convocatorias. Moitos destes concursos implican tamén a construcción dun edificio o cal fai que sexan dobremente satisfactorios para os gañadores. Como exemplo o último convocado polo Foro da Madeira de Galicia que arroxou varios gañadores entre eles Xulio Turnes Vieito un xove arquitecto bañense.

Aínda que a tarefa parece imposible, son moitos os xoves que adican o seu esforzo a competir nesta área saturada e algúns incluso sobreviven.

mobiliariourbanoonarquitectos

Mobiliario urbano Saxo deseñado por Onarquitectos

Vivienda en Chaín Ramón Viéitezbajacal

Vivienda en Chaín de Ramón Viéitez Rodríguez

entrega-de-premios-enor-2008-desenado-por-desescribirbajacal

Entrega dos premios Enor 2008 deseñada por Desescribir

casa-fernanxulio-turnes-vieitobajacal

Casa Fernán de Xulio Turnes Vieito